EXPOSICIÓNS
Camilo Díaz Baliño: a xenialidade truncada
30 Xaneiro 2018
04 Marzo 2018
Cartel da exposición
Coordinador/a:
Daniel Buján e Elena Díaz del Río López

A Biblioteca de Galicia e a Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (AGPI) queren homenaxear no Día da Ilustración deste ano 2018 a Camilo Díaz Baliño (1889-1936). Para isto presentan unha nova mostra bibliográfica e un vídeo sobre o escenógrafo, pintor e debuxante galego.

A mostra está formada por 54 pezas. Libros, debuxos, documentos persoais, fotografías e manuscritos todos relacionados coa figura de Camilo Díaz Baliño. Todas estas pezas se custodian na Biblioteca de Galicia.

Estrutura (6 vitrinas):

1. Camilo Díaz Baliño

2. Ilustrador de libros e de publicacións periódicas

3. Escenógrafo. Coral de Ruada

4. Escenógrafo. A empresa Fraga

5. Concello de Santiago. Carrozas para a celebración do 25 de xullo

6. Pintor simbólico. Irmandades da Fala