EXPOSICIÓNS
Cándido Fernández Mazas: signos dunha quimera
28 Xaneiro 2020
31 Maio 2020
Coordinador/a:
Noelia Bascuas Ferreiro

O Día da Ilustración foi creado en 2014, tomando como referencia a data do nacemento de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, dentro do Calendario do Libro e da Lectura que promove a Dirección Xeral de Políticas Culturais da Xunta de Galicia.

O seu obxectivo é destacar a importancia da ilustración e do deseño no libro e na lectura, así como poñer en valor o sector galego da ilustración. Conta coa colaboración da Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (AGPI) e actividades na rede de bibliotecas nodais de Galicia. 

Desde 2017 homenaxea cada ano un grande ilustrador galego que merece ser redescuberto polas novas xeracións de lectores e creadores. Neste ano 2020 a figura homenaxeada será Cándido Fernández Mazas (Ourense, 1902 – Castro Caldelas, 1942), debuxante, pintor, escritor, humorista gráfico, crítico de arte e literatura. Como se poder ler na web dedicada a súa vida e obra “por distintos avatares xeográficos persoais  permaneceu na penumbra da historia”, pero esta conmemoración permitirá poñer en valor un artista multidisciplinar cunha gran sensibilidade e compromiso social.

A Biblioteca de Galicia quere contribuír a celebración desta efeméride coa exposición Cándido Fernández Mazas: signos dunha quimera, que se poderá visitar no vestíbulo do Edificio do Arquivo e Biblioteca de Galicia desde o 30 de xaneiro ata principios de maio. Nela mostránse os fondos bibliográficos relacionados coa vida e obra de Fernández Mazas, un dos máis brillantes dibuxantes da nosa historia. 

DOCUMENTOS E LIGAZÓNS