EXPOSICIÓNS
DÍAS DAS LETRAS GALEGAS 2020
15 Maio 2020
16 Maio 2021

A Biblioteca de Galicia, como centro de conservación e difusión do depósito legal electrónico na comunidade autónoma de Galicia, quere destacar todos os recursos web que se están a xerar en Internet con motivo da conmemoración do Día das Letras Galegas dedicado a Ricardo Carvalho Calero. Ademais de incluír no Arquivo da Web Española todos os sitios web que se están a producir con este motivo, garantindo así a súa conservación para as xeracións futuras, publicamos esta pequena exposición virtual cos recursos atopados, cun pequeno resumo da información que conteñen.