EXPOSICIÓNS
Irmandades da Fala: falar e escribir en galego
15 Novembro 2016
12 Xaneiro 2017
Banner exposición
Banner exposición
Coordinador/a:
Daniel Buján e Elena Díaz del Río López

Neste ano 2016, cúmprense 100 anos da fundación da primeira Irmandade da Fala na Coruña. Para conmemorar tal acontecemento, a Biblioteca de Galicia, organiza unha mostra bibliográfica que fai un percorrido pola historia desta institución que tiña como fundamental obxectivo a defensa, exaltación e fomento da lingua galega. Todas as pezas da exposición pertencen á colección da Biblioteca de Galicia, destacando os manuscritos, debuxos e fotografías que pertenceran a Camilo Díaz Baliño, membro destacado das Irmandades, e que se conservan no fondo depositado na nosa biblioteca polo seu fillo Isaac Díaz Pardo.

Trátase dunha pequena mostra para dar a coñecer ao público en xeral o fondo (documentos e libros) custodiado na Biblioteca sobre as Irmandades. Consta de 6 vitrinas co seguinte contido:

vitrina 1: Orixe das Irmandades

vitrina 2: A Nosa Terra: idearium das Irmandades da Fala

vitrina 3: As Irmandades e o teatro

vitrina 4: O labor editorial: Céltiga e Lar

vitrina 5: : O labor editorial: Nós

vitrina 6: O Seminario de Estudos Galegos

Lugar: Sala de columnas da BdG