EXPOSICIÓNS
Novidades da Biblioteca de Galicia
22 Febreiro 2018
31 Decembro 2018
Detalle dunha das vitrinas da mostra
Coordinador/a:
Elena Díaz del Río López

A Biblioteca de Galicia ten como finalidade recoller, conservar e difundir o patrimonio bibliográfico de Galicia. Esta mostra, que pretende renovarse de forma periódica, ofrece unha selección  de documentos que reflicten unha panorámica do patrimonio bibliográfico recuperado e dispoñible para a consulta de toda a cidadanía.

Manuscritos, libros, revistas, gravados, debuxos, partituras musicais, mapas, carteis, discos etc. conforman a colección da Biblioteca de Galicia, que se enriquece con fondos manuscritos ou impresos en Galicia, escritos en galego, de autoría galega ou de temática relacionada con Galicia.

A incorporación de novos fondos realízase mediante doazón, depósito ou compra, así como a través do Depósito Legal. Deste xeito, a Biblioteca dispón dunha colección única que fai dela unha referencia fundamenteal para a cultura galega.

Catro vitrinas conforman esta primeira mostra dos fondos recentemente adquiridos pola BdG