EXPOSICIÓNS
Somos patrimonio
22 Febreiro 2018
31 Decembro 2018
Mes de xullo
Coordinador/a:
Elena Díaz del Río López

ANO EUROPEO DO PATRIMONIO CULTURAL

2018 foi declarado Ano Europeo do Patrimonio Cultural, con tres obxectivos fundamentais: fomentar o intercambio e a valoración do patrimonio cultural da rexión, sensibilizar sobre a historia e os valores comúns e reforzar o sentimento de pertenza á alianza de países.

Galicia súmase a esta celebración baixo o lema Somos patrimonio e cunha ampla programación de actividades que se artellan cada mes arredor dun aspecto do patrimonio material, inmaterial, natural e dixital da nosa terra.

Os Camiños de Santiago, a Ribeira Sacra e as Illas Cíes-Parque Nacional Illas Atlánticas son protagonistas dalgúns dos meses, xunto coa cultura popular e os patrimonios documental e bibliográfico, artístico, arqueolóxico, científico, catedralicio e monástico. O patrimonio na escola e as iniciativas coa xuventude completan un calendario repleto de propostas para conmemorar o Ano Europeo do Patrimonio Cultural, unha oportunidade para poñer en valor o noso legado.

Temas para cada mes:

1. Febreiro, mes da Ribeira Sacra

2. Marzo, mes do patrimonio catedralicio e monástico

3. Abril, mes das Illas Cíes-Parque Nacional Illas Atlánticas

4. Maio, mes da arqueoloxía

5. Xuño, mes dos Camiños de Santiago

6. Xullo, mes da cultura popular

7. Agosto, mes do patrimonio artístico

8. Setembro, mes do patrimonio e a xuventude

9. Outubro, mes do patrimonio dixital

10. Novembro, mes do patrimonio científico e tecnolóxico

11. Decembro, mes do patrimonio na escola