CATÁLOGOS E COLECCIÓNS
Catálogo Colectivo do Patrimonio Bibliográfico de Galicia

Presentación

O Catálogo Colectivo do Patrimonio Bibliográfico de Galicia  (CCPBG) tenta recoller a descrición dos documentos que conforman este patrimonio. O Patrimonio Bibliográfico de Galicia é un concepto xurídico, definido na lexislación vixente  (Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia)  e que podemos resumir como segue :

Fondos e coleccións bibliográficas e hemerográficas de especial valor cultural. Así como as obras literarias, históricas, científicas ou artísticas, tamén de especial valor cultural, tanto se son impresas, manuscritas, fotográficas, cinematográficas, fonográficas ou magnéticas, de carácter unitario ou seriado en calquera tipo de soporte e independentemente da técnica utilizada para a súa creación ou reprodución, nas que concorra algunha das seguintes circunstancias:

  • Inexistencia de, cando menos, tres exemplares idénticos en bibliotecas ou servizos públicos.
  • Anteriores a 1901.
  • Características singulares que lles outorguen carácter único (ex libris, expurgacións etc.).

A propia lexislación (Lei 5/2012, do 15 de xuño, de bibliotecas de Galicia) obriga á Administración a protexer, conservar, acrecentar, difundir e fomentar o patrimonio galego. Por iso dispón entre as funcións da Biblioteca de Galicia a de colaborar na elaboración e actualización permanente do Catálogo colectivo do patrimonio bibliográfico de Galicia, así como doutros posibles instrumentos de acceso común á información bibliográfica ou de acceso ao documento.

Ademais obriga ás bibliotecas pertencentes ao Sistema Galego de Bibliotecas a comunicar á Biblioteca de Galicia a tenza de obras ou fondos bibliográficos integrantes do patrimonio bibliográfico de Galicia.

O CCPBG comeza a súa andadura en novembro de 1986, como parte dun proxecto más amplo a nivel estatal que é o Catálogo Colectivo do Patrimonio Bibliográfico Español (CCPB), co que segue a colaborar actualmente.

Como buscar no CCPBG

Premendo nesta sección accederá a unha web onde se ofrecen catro videotitoriais que explican como facer as buscas e como explotar ao máximo as opcións que oferta o catálogo.

Normativa vixente

-A nivel autonómico :

-A nivel estatal :

Cobertura cronolóxica e xeográfica do catálogo

Seguindo o criterio de catálogo colectivo español, o catálogo galego establece os mesmos límites cronolóxicos para a súa cobertura. Na Lei do do patrimonio histórico español 16/1985 presuponse que existen polo menos tres exemplares de obras impresas nas bibliotecas ou servizos públicos a partir de 1958, porque é o momento no que se regula o Depósito Legal (D.L.) en España. As normas do D.L. obrigan os impresores a depositar estes exemplares nas bibliotecas públicas, polo que estaría garantida a súa conservación. Así que o catálogo recolle obras impresas anteriores a 1958.

Na cobertura xeográfica o catálogo céntrase nos bens que se atopan en Galicia.

No ano 2021 contén a descrición de máis de 216.000 títulos de documentos patrimoniais de 43 bibliotecas de Galicia.

Mapa das institucións participantes no CCPBG

Nesta sección poden verse as institucións participantes na súa localización xeográfica e os seus datos relacionados co CCPBG.
O CCPBG en cifras

As estatísticas que se consignan deseguido están referidas ao ano 2021. O catálogo está pendente dunha limpeza de duplicados, polo que os datos poden sufrir algunhas variacións despois de que esta se leve a cabo. Accédese a elas premendo sobre as seccións seguintes :

Historia do Catálogo Colectivo do Patrimonio Bibliográfico de Galicia

Vídeo sobre a historia do CCPBG