EXPOSICIÓNS
A editorial Bibliófilos Gallegos. Un proxecto cultural galeguista na postguerra
17 Abril 2015
31 Maio 2015
A editorial Bibliófilos Gallegos
Coordinador/a:
Daniel Buján, Elena Díaz del Río e Ignacio Cabano

A Editorial de los Bibliófilos Gallegos nace oficialmente en 1949 coa finalidade de difundir o libro galego, “mediante a reedición de obras antigas e a publicación de orixinais de autores contemporáneos, en especial os que desen a coñecer aspectos ignorados das nosas letras, nosa arte e nosas costumes”.

A importancia deste proxecto cultural en Galicia radica, ademáis de na súa constante e importante labor de recuperación de clásicos e publicación de novos textos, no papel que xoga na difícil época da postguerra, na recuperación da labor editorial e cultural de acento galeguista.

Ainda que desligada do galeguismo do exterior, e en certo modo desvinculada das características do movemento antes da confrontación civil, a editorial vai supor a continuidade, que busca con concursos de novos autores ou obras, da publicación non so de libros de temática galega senón de libros escritos en galego. A obra premiada no primeiro concurso, Xente da Barreira, de Ricardo Carvalho Calero, vai ser de feito a primeira novela en galego da postguerra.

A Sociedade dos Bibliófilos Gallegos, foi fundada no ano 1949 en Santiago de Compostela. A súa constitución e actividade estuvo estreitamente vinculada ao Instituto de Estudios Gallegos Padre Sarmiento, continuador do vello Seminario de Estudos Galegos e integrado no CSIC.

O proxecto, que xa comeza a plantexarse uns poucos anos antes entre un grupo de amigos plásmase finalmente coa constitución da que vaise denominar “Editorial de los Bibliófilos Gallegos”.

A comezos de 1948 comezan os traballos e captación de accionistas e suscriptores e o 13 de agosto celébrase no hotel Compostela a reunión preparatoria para a constitución da Sociedade. Decídese que o primeiro presidente sexa Sanchez Cantón, o vicepresidente Marcelino Blanco de la Peña e o secretario Xosé Filgueira Valverde. De xerente actuará Felipe R. Cordero Carrete. Os catro, xunto con Fernando Alsina e Juan Gil Armada, Marqués de Figueroa, se constituirán ademáis como socios fundadores da sociedade.

Importantes figuras participarán ademáis como accionistas. Entre eles Valentín Paz Andrade, Isidro Parga Pondal, Cruz Gallástegui, Ramón Baltar, Ricardo Bescansa ou Francisco Fernández del Riego, entre outros.

 A “Editorial de los Bibliófilos Gallegos” traslada o seu domicilio social ó Museo de Pontevedra en xullo de 1975. En agosto de 1992 disólvese como Sociedade Anónima para constituirse en “Fundación editorial de los Bibliófilos Gallegos” á que se lle ceden “a totalidade do activo e pasivo da sociedade disolta como continuadora dos seus fins, mediante dotación no negocio fundacional da mesma.”

Será entón o seu presidente Antonio Odriozola, estando de secretario José Luis Basanta. Tanto éste como o propio Filgueira Valverde serán tamén presidentes da nova fdundación e na súa directiva figurarían ademais herdeiros dos fundadores, tal como Ramón Gil Armada o Araceli Filgueira Iglesias, e representantes institucionais, como Carlos Valle Pérez ou Eduardo Pardo de Guevara y Valdés.