EXPOSICIÓNS
Xosé Filgueira Valverde
15 Maio 2015
30 Xuño 2015
Xosé Filgueira Valverde
Coordinador/a:
Daniel Buján, Elena Díaz del Río e Ignacio Cabano
1920-1936. Un proxecto de vida
Desde moi novo estivo involucrado en toda clase de proxectos culturais. A súa creación literaria iníciase coa obra Os nenos (1925), unha serie de textos breves nos que cada un dos protagonistas evoca incidentes da súa infancia; son estampas alegres ou tristes, contadas consensibilidade, nas que a morte desenvolve un importante papel. Son relatos directos, feitos con artificiosidade non aparente. O libro ilustrouno L. Pintos, coa cuberta e a contracuberta de Castelao (1925).
 
Outra narración é O vigairo (1927), na que fai a descrición dun tipo popular da Pontevedra antiga. Ensaio simbólico, orixinal e inédito, con portada de Camilo Díaz (1927).
 
De 1936 é a súa peza teatral para nenos Agromar. Asúa prosa, coma a doutros escritores da época,trata temas populares dende uns supostos culturais;consegue o equilibrio entre os dous elementos nunha prosa traballada, pero sinxela.
 
Como poeta pódese adscribir ao neotrovadorismo polas súas Seis cancións do mar in modo antico (1941), movemento ao que tamén se adscriben Bouza Brey, Cunqueiro e Álvarez Blázquez.
 
Defendeu a súa tese de doutoramento, cualificada con sobresaliente, na Universidade Central de Madrid, sobre a Cantiga CIII de Alfonso X O Sabio.
 
Estudos filolóxicos e literarios
As súas investigacións filolóxicas comezan na década dos 20 e ocúpano xa o resto da súa vida. Foi pioneiro en Galicia nas investigacións sobreas cantigas trovadorescas: dende as súas primeiras achegas, demostra claramente estar ao tanto do que se publicaba sobre lírica medieval (Gaston Paris, Theóphilo Braga, Alfred Jeanroy...), algo que representa case unha novidade no panorama galego e que se explica, moi probablemente, polo maxisterio que sobre el exerceu D. Armando Cotarelo Valledor (director da súa tese de doutoramento).
 
Os seus estudos literarios sobre a lírica medieval galega continúan sendo de referencia.
 
As Cantigas de Santa María son unha colección de 429 poemas escritos en galego, nos que se gaba á Virxe María e difundense os seus milagres.
 
O gaiteiro de Lugo (1857- hoxe) a partir de 1936, por iniciativa de Xosé Filgueira Valverde, publicouse integramente en galego. Publicación moi popular entre os labregos galegos durante o franquismo, chegou a vender 50.000 exemplares.
 
Estudos historiográficos. Arte, literatura, etnografía, antropoloxía
Entre as súas obras historiográficas e de historia da arte destacan a extensa serie (case corenta volumes) de Pontevedreses universales, o estudo que apareceu baixo o título La basílica de Santa María la Mayor de Pontevedra (1991), ou os traballos dedicados á historia e á cultura de Santiago de Compostela, como as Historias de Compostela (1970). No campo da arqueoloxía, é autor, en colaboración con A. García Alén, dos Materiales para la Carta Arqueológica de la provincia de Pontevedra.
 
Enciclopedia viva. Divulgación da cultura galega
A pesar de ser un polígrafo e unha persoa de elevado talle cultural, nunca quixo unha cultura académica, senón que entendía que esta debía ser coidada e estudada para dala a coñecer, o que o converteu nun auténtico divulgador científico.
 
Como articulista publicou numerosas colaboracións en diferentes medios, recollidas todas elas na monumental serie Adral, editada entre 1979 e 1996 en Faro de Vigo e recompilada finalmente en 9 volumes, que conteñen os 578 artigos.