A lectura é unha actividade imprescindible para o desenvolvemento dun lector en formación e para a súa relación cos demais e co seu medio natural dun xeito atractivo e lúdico.
OQO Editora traballa cun libro/álbum ilustrado, como un obxecto cultural que atrae a atención do lector en formación mergullándoo nunha historia con palabras e imaxes.
As novas tecnoloxías son o medio no que se desenvolven os nenos do século XXI, tendo un protagonismo troncal na sociedade do futuro, por isto OQO Editora crea a Biblioteca OQO dixital onde as historias están contadas a través da literatura e a plástica, a narración oral e o cinema; deste xeito un dedo é o que necesita un neno ou nena para facer que as cousas aparezan e desaparezan, un obradoiro interactivo onde se proporán xogos que se deben realizar de maneira dixital ou mediante o uso de materiais da contorna dos rapaces e rapazas.
Data: 28 de abril
Público: de 6 a 8 anos
Horario: 18:00 a 19:00 h
Duración: 60 minutos
Prazas: 25
De balde, precisa inscrición na web