O Nadal é unha época de contrastes na que podemos atoparnos con moitos dos valores positivos da humanidade: a familia, a amizade, a solidaridade...ou con algúns outros valores que deberiamos manter a raia: o exceso, o materialismo…
Partindo desta realidade, dende A trastenda dos contos quixemos coller un personaxe tradicional do Nadal como é o Paxe Real, e afrontar esta dicotomía dende o sentido do humor e a narración oral. Un espectáculo para sacar o mellor do Nadal , un atracón de risas, contos e espírito navideño.
A trastenda dos contos
Público: Familiar (recomendado a partir de 4 anos)
Datas: 2 de xaneiro
Horario: 17:30 a 18:30 h
Duración: 1 hora
Lugar: Auditorio da Biblioteca de Galicia
Prazas: 120
De balde, precisa inscrición na web