Para esta data tan importante da nosa comunidade a Cidade da Cultura ten previstas varias actividades, todas elas de balde
Recital multimedia Verso Busca voz. Para participar neste recital colectivo, a Cidade da Cultura convida a todo aquel que o desexe a inscribirse e indicar aquel poema ou poemas que lle gustaría recitar o 17 de maio. De non ter preferencia, a organización recomendaríalle algún.
A Biblioteca e Arquivo de Galicia acollerá un Obradoiro de poesía e rap a cargo de Für alle Falle (Iñaki López e Vanesa Castro) para rapaces a partir de 8 anos. O obradoiro comezará ás 10:00 horas e a participación tamén é de balde, mais precisa inscrición.
As actividades rematarán cun aperitivo literario