As novidades expositivas para este ano 2018 teñen dúas liñas. Por unha banda a declaración de Ano Europeo de Patrimonio Cultural dános a oportunidade de abordar cada mes a través dunha pequena mostra un aspecto do patrimonio material, inmaterial, natural ou dixital da nosa terra. Doutra banda, haberá outra mostra cunha selección que se renovará periodicamente na que se mostrarán as novas incorporacións de fondos provenientes de depósitos, compras, doazóns ou depósito legal xa dispoñibles para consulta da cidadanía
Máis información na pestana de exposicións