Como consecuencia das novas medidas para a prevención da COVID-19 aprobadas pola Xunta de Galicia, os servizos presenciais da Biblioteca de Galicia quedan cancelados durante tres semanas.
Dende o mércores 27 de xaneiro ata o mércores 17 de febreiro, o persoal da BdG seguirá atendendo as consultas dos usuarios a través do correo electrónico bibliotecadegalicia@xunta.gal e dos teléfonos 981 545 070 e 981 545 963.
As consultas sobre Galiciana-Biblioteca Dixital de Galicia poden dirixirse ao mail biblioteca.galiciana@xunta.gal.