Comprende un fondo de obras impresas e noutros soportes accesible a tódolos centros da Rede de Bibliotecas de Galicia.
Consulta na sala
Este fondo pode consultarse in situ, na sala situada na planta baixa da Biblioteca de Galicia, previa solicitude ao persoal encargado da sala.
Os investigadores e investigadoras teñen ao seu dispor ordenadores situados na parte alta, anterior á sala de lectura, con wifi libre, desde onde poder acceder a internet, a Biblioteca Electrónica e a Biblioteca Dixital. Tamén existen cabinas individuais nas que poder visionar soportes audiovisuais ou escoitar de forma illada soportes fonográficos. O uso das cabinas require a previa solicitude ao persoal bibliotecario.
Préstamo interbibliotecario
As obras do Fondo Xeral tamén poden ser consultadas a través do servizo de préstamo interbibliotecario, de igual maneira e procedemento que coas da Biblioteca Profesional.
A petición farase igualmente a través do seguinte correo electrónico: bgpi@xunta.gal