SERVIZOS
Club de Lectura de Galicia
Clubs de lectura

O Club de lectura de Galicia é un servizo dirixido a promover e facilitar o funcionamento de clubs de lectura nas bibliotecas públicas e outras institucións que utilicen esta ferramenta de fomento da lectura..

Este servizo proporciona apoio e coordinación aos profesionais responsables dos clubs e dótase dun fondo bibliográfico básico común, que se actualiza con continuas incorporacións e se pon a disposición dos clubs a través da Biblioteca de Galicia, que opera como biblioteca de préstamo centralizado.

A tipoloxía destes fondos abarca xéneros diversos como a narrativa, teatro, poesía ou, banda deseñada, sen esquecer os textos de lectura fácil. Conta con títulos en diferentes linguas: galego, castelán, francés, inglés, italiano e portugués; e atende a públicos de todas as idades.

 

TAMÉN CHE PODE INTERESAR...