A Biblioteca conta cunha importante hemeroteca que inclúe tanto revistas como prensa escrita especializada, editadas ou impresas no país ou no exterior por entidades relacionadas con Galicia. Procede de dúas fontes fundamentais: o Depósito Legal, a partir de 1981 e as adquisicións e doazóns feitas ao longo destes últimos anos.