AVISOS
01/04/2016
Día das Artes Galegas
Detalle calendario 2016
A Real Academia Galega de Belas Artes instituíu o 1 de abril como Día das Artes Galegas

O 31 de xaneiro de 2015, a Real Academia Galega de Belas Artes instituíu o Día das Artes Galegas que se festexaría cada 1 de abril, co obxectivo de por en valor o patrimonio cultural galego.

Sendo este ano 2016 o primeiro desta homenaxe, que mellor representante que o humanista Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, médico, pintor, debuxante, escritor e político. O que outrora fora o pai do nacionalismo galego, membro do Seminario de Estudos Galegos e do grupo Nós,  foi sobre todo un gran creativo. A través de múltiples formas de expresión, deixou a súa pegada plasmada en numerosas ilustracións, caricaturas, e escritos, méritos todos eles que fan desta proposta, aprobada por aclamación, a idónea como cabeceira da que será unha grande lista de artistas. Cada 1 de abril cada un deles, a través dos seus ollos, das súas mans, da súa sensibilidade, deixarán ao descuberto toda a beleza de Galicia.