AXENDA
Xincanas literarias
12 de Xullo, 18:00
Biblioteca de Galicia
Da man de Xandobela
Nenos participando en xincanas

Estas xincanas literarias que se desenvolven en dúas sesións no espazo exterior da Biblioteca de Galicia, teñen como finalidade a conmemoración do centenario da publicación Terra asoballada de Ramón Cabanillas. Trátase de achegar ao público familiar a vida e obra do poeta dun xeito diferente, participativo e lúdico.

Datas: 12 e 19 de xullo

Público: Familiar (recomendado a partir de 5 anos)

Horario: 18:00 a 19:30 h

Duración: 80 minutos

Prazas: 50