AVISOS
30/08/2019
Efemérides de setembro 2019
Tinteiro, pluma e mapamundi
Día da Alfabetización, Día Europeo das Linguas e Día da Tradución

Día da Alfabetización. 8 de setembro

No ano 2015 foron aprobados os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible dentro do marco da Axenda 2030, que promoven o aceso universal a unha educación de calidade e oportunidades de aprendizaxe o longo da vida das persoas. No obxectivo nº4 unha das metas é asegurar que toda a xuventude aprenda a ler e escribir e adquiran coñecementos básicos de aritmética e o mesmo para aqueles adultos que carezan disto, sempre no respecto da diversidade lingüística.

Precisamente este anoa temática é o multilingüismo e a súa inclusión no mundo globalizado e dixitalizado de hoxe en día.

Día Europeo das Linguas

O 26 de setembro é o Día Europeo das Linguas, segundo proclamou o Consello de Europa co apoio da Unión Europea o 6 de decembro de 2001. A enorme riqueza de Europa é indiscutible, a súa pluralidade cultural, a súa arte vella e nova, a súa diversidade climática cos seus diferentes ecosistemas que lle confiren esa beleza singular e como non as súas máis de 200 linguas. A diversidade lingüística é en se mesma a base da que parte o demais. Europa non sería o que é sen as súas linguas que escriben a súa historia e defínena. A aprendizaxe dunha lingua enriquece a nosa mente, ábrenos a novos campos laborais, permítenos gozar máis ao viaxar.

Aprender outros idiomas achéganos á comprensión da diferenza

Día da Tradución

O día 30 de setembro festéxase o Día Internacional da Tradución e o Intérprete, promovido en 1953 pola Federación Internacional da tradución, en conmemoración do falecemento de San Jerónimo de Estridón, patrono desta profesión, quen foi o primeiro tradutor da Biblia para o pobo. O obxectivo desta data foi o de dignificar o labor levado a cabo por estes profesionais, dando recoñecemento a nivel mundial a tradutores e intérpretes.

A importancia desta figura nestes tempos de globalización xustifícase por si mesma, basta ver o importante aumento de interesados e matriculados nestes estudos. Na actualidade a xente nova xa domina varios idiomas mais a realidade é que aínda queda moito por andar. O tradutor soluciona problemas a miles de persoas, facendo posible ler libros escritos orixinariamente noutras linguas, ou ver filmes en versión orixinal con subtítulos proporcionados por un profesional da tradución, ou asistir a calquera acto nun idioma descoñecido sabendo que haberá un intérprete que nolo solucionará. Aínda máis, podemos acceder a webs en idiomas descoñecidos por nos que con dar un 'clic' aparecerán nun instante traducidas ao noso idioma. Internet non sería operativa sen esta ferramenta

Hoxe sen tradutores non poderiamos ter unha participación activa na vida