AXENDA
As escrituras dos artistas
27/07 - 27/10
Biblioteca de Galicia
Autógrafos de pintores galegos na colección ABANCA

18 artistas e 21 autógrafos: eses son os protagonistas da mostra que achega na Biblioteca de Galicia aos visitantes aos pintores galegos dun xeito diferente. En 24 paneis, os asistentes poderán descubrir a obra e a bibliografía vinculada aos pintores protagonistas.

A colección ABANCA, o fondo bibliográfico e documental actualmente depositado na Biblioteca de Galicia, conta entre os seus fondos cunha ampla colección de autógrafos (textos escritos a man polo propio autor) de diversos personaxes, na súa gran maioría galegos. Desa colección de documentos xorde a nova exposición da Biblioteca de Galicia, unha selección dos autógrafos correspondentes a artistas que dialoga coa exposición Galicia universal. A arte galega nas coleccións ABANCA e Afundación do Museo Centro Gaiás.