AVISOS
01/04/2019
Abril. Mes das Artes Galegas e do Libro
Lámpada e libros
Efemérides do mes de abril do Calendario do Libro e a Lectura

Día das Artes Galegas: Luis Seoane

O 31 de xaneiro de 2015, a Real Academia Galega de Belas Artes instituíu o Día das Artes Galegas que se festexaría cada 1 de abril, co obxectivo de por en valor o patrimonio cultural galego.

Esta onomástica comezou con Castelao no 2016, Maruja Mallo no 2017, Alejandro de la Sota en 2018 e neste ano tócalle a quenda a Luis Seoane, un dos intelectuais galegos mais representativos do século XX. Aínda que a súa sona é sobre todo pola obra plástica, non hai que esquecer que foi tamén un gran home de letras ó que se lle dedicou o Día das Letras Galegas en 1994. Comprometido coa cultura galega este artista historiador, periodista, escritor, editor, pintor... foi creador de moitas iniciativas culturais ó longo da súa vida.
No campo das artes plásticas utilizou o debuxo, a pintura e o gravado e será nos anos 50 cando alcanza a súa forma característica de pintar, incorporando tendencias vangardistas de influencia europea para plasmar a realidade da súa época.

Día do Libro

A efeméride por excelencia do Calendario do Libro e a Lectura
A expresión dun pobo radica na palabra. Ela rebela a súa bondade, a riqueza material e inmaterial, as costumes, a historia e os seus segredos agochados, a súa beleza, a loita diaria das xentes, a súa lírica, a súa creación, a investigación, a fantasía, a realidade e o surrealismo, o seu pasado, o presente e o futuro, as crenzas e o imposible, todo isto e máis compoñen un universo escrito con proxección mundial gracias as novas tecnoloxías que permiten a calquera tipo de expresión chegar en segundos a todos os recunchos. Este despertador de inquietudes que é o libro, hoxe non ten barreiras. Todos podemos chegar a todos, basta ter algo que comunicar desde a propia identidade, desde a verdade de cada quen, só así será universal, e sexa cal sexa o seu soporte, chegará lonxe.

23 de abril, Día do Libro