Cada habilitado pode administrar a súa habilitación e os usuarios poden ter asignadas tantas habilitacións como necesiten xestionar.
Nesta pantalla podemos consultar, modificar, engadir ou borrar usuarios da nosa habilitación ou grupo de habilitacións
Para localizar un usuario só temos que encher un ou varios dos campos que se consideren necesarios e picar no botón buscar.
A procura farase por cadea de caracteres e os campos cubertos enlazados polo operador "Y".
P.e. se queremos localizar a un usuario que se chama Xosé María pero non temos a certeza de como introducimos o seu nome (José María, Xosé María, J. María, X. María, etc.) podemos facer o seguinte:
- Buscar por Xosé María, neste caso atoparíanos os usuarios que en nome contén exactamente esa cadea Xosé María (se o deramos de alta como José María non o atoparíamos).
- Buscar por María, neste caso mostraríanos os usuarios que en nome teñen a cadea María (xa sexa José María, Xosé María, X. María, J. María, María José, María Xosé, María, María das Mercedes, etc.)
O resultado da procura a lista na parte inferior e cada fila contén as iconas lapis para modificar ou cruz vermella para eliminar o usuario. Picando no encabezado de cada columna ordenarase polo devandito campo, tanto de forma ascendente como descendente.
Para engadir un novo usuario picamos no botón Novo e cubrimos os campos.
O campo Tipo usuario permítenos elixir entre o tipo de usuario Habilitado ou Usuario con permisos.
O Tipo usuario Habilitado é un usuario que ten permiso para facer todo na habilitación, non ten ningún tipo de restrición.
A opción de Tipo usuario Usuario con permisos permite elixir a que pantallas pode acceder o usuario e con que facultade (lectura, escritura ou ambas)
Para rematar o proceso picamos no botón Engadir
En calquera caso o super administrador poderá facer tamén estas operacións
Traballando co programa sempre aparecerá a información do usuario. A continuación poñemos unha imaxe de exemplo:

Na cabeceira sempre aparece:
- Exercicio económico campo que informa o ano presupostario no que estamos a traballar
- Campo ca información da habilitación na que estamos a traballar. No caso de usuarios con multihabilitacións pódese despregar e cambiar de habilitación
- A identificación do usuario que está traballando
- Botón Sair. Este botón se debe premer cada vez que acabemos o traballo