Esta é a pantalla de mantemento de Aplicacións presupostarias.
Na parte superior aparecen os campos descritivos e na parte inferior a listaxe de aplicacións ca botoneira de mantemento.
As aplicacións presupostarias deben estar necesariamente vinculadas para poder traballar con elas. As aplicacións presupostarias que non vinculan con outras terán que estar vinculadas con elas mesmas. As aplicacións presupostarias que non estean vinculadas non aparecerán nos formularios da aplicación.
Na listaxe inferior, no encabezado, picando na columna Nome ou Código a listaxe ordenarase polo devandito campo, tanto de forma ascendente como descendente.
Para engadir unha nova aplicación só temos que cubrir o campo "Nome", coa descrición literal do concepto ou subconcepto orzamentario, o campo "Código" e picar no botón "Gardar".
- O campo "Código" só cubrímolo co concepto ou subconcepto presupostario e consignarase sen puntos, guións, etc. ou sexa todo seguido.
- HABILITA2 non permite duplicar códigos.
Para modificar unha aplicación só temos que picar no lapis, da listaxe inferior, e aparecerá o formulario de modificación.
- As modificacións repercutiranse en todos os apuntamentos que conteñan o devandito concepto ou subconcepto (facturas, movementos de conta, pagos, ingresos, gastos, etc.)
Para eliminar unha aplicación só temos que picar no aspa vermella da listaxe.
- HABILITA2 non permite eliminar aplicacións que teñan algún tipo de movemento vinculado (facturas, movementos de conta, pagos, ingresos, gastos, etc.)
Aplicacións presupostarias con excepcións. Por exemplo a 228 ou 229.
Esta é a pantalla de mantemento:

O mantemento é igual que unha aplicación sen excepcións pero aparece un novo campo Permiso de Xustificación por Vinculación.
Se marcamos este campo cambiaran algúns comportamentos:
- Xustifícase unicamente esta aplicación presupostaria cos datos de todos os conceptos vinculados (p.e. 228, 229, etc.). Se non se marca as xustificacións faranse individualmente, por separado e individualmente, como o resto dos conceptos
- Nas listaxes de Execución e Arqueo aparecerá a opción de "Ocultar aplicacións vinculadas con excepción" que permite ocultar as aplicacións vinculadas presentando únicamente a aplicación con excepción
- Non se permiten facer traspasos nin gastos nin ingresos en aplicacións vinculadas a aplicacións con excepción
- Nos libros Anexo III e Anexo IV aparecerase a aplicación con excepción nos apuntamentos realizados con outras aplicacións vinculadas
No caso de traballar con unha aplicación con excepción presupostaria é necesario poñerse en contacto co super administrador
As aplicacións presupostaris arrástranse ano tras ano polo que non é necesario crealas cada exercicio económico e en todo caso só haberá que modificar ou crear as novas