É un formulario dedicado exclusivamente a rexistrar dietas e locomoción. Permite rexistrar os gastos das comisións de servizo por separado ou de forma conxunta
O uso deste formulario para a xestión de dietas e locomoción non é obrigatorio e pódese utilizar o sistema xeral de rexistro de facturas
O funcionamento é como no resto dos filtros da aplicación HABILITA2.
Picando no botón Buscar aparecerá na parte inferior a listaxe de rexistros que cumpran co filtro cuberto.
A Listaxe, as botoneras e as súas funcionalidades son como no resto da listaxe de facturas, podendo:
listar, exportar, modificar, consultar en detalle, eliminar etc.
Co botón Nova accederemos ao novo formulario de rexistro de comisións de servizo.
A forma de cubrir o formulario é similar ao do sistema xeral das facturas, pero ten unhas particularidades:
Permite engadir só dietas, só locomoción ou dietas e locomoción conxuntamente seleccionando a operación nas caixas de verificación checkbox.
Ao picar en Número (Xerar número) crearanos o número de factura. No caso de ter seleccionadas dietas e locomoción nas caixas de verificación checkbox crearanos conxuntamente os números de factura. Terán o mesmo número pero as dietas terminarán en _D e a locomoción en _L
Informa do saldo precontable segundo a selección previa feita nas caixas de verificación checkbox
Ao picar no botón Engadir rexistrará cada apuntamento seleccionado nas caixas de verificación checkbox: só dieta, só locomoción ou unha dieta e unha locomoción
O resto dos campos son similares aos do rexistro de facturas