Saltar la navegación

Parámetros

Esta é a opción que nos permite definir comportamentos en diversos formularios da aplicación.

A continuación vemos as posibles parametrizacións dispoñibles nos distintos bloques de configuración.

1.- Selección de documentos que cando se xeren estarán formatados para levar firma dixital:

parametros_documentos_digitales

2.- Configuración de cabeceira e firmas de documentos:

Selección de sinaturas e documentos: pódense seleccionar as sinaturas para cada documento e as posicións de cada unha no documento. Todos os campos son de selección e os valores cárganse de Configuración->Táboas auxiliares->Sinaturas 

parametros_firmas

Se o campo Imprimir cabeceira corporativa está en Si os documentos levarán na parte superior o logo Xunta á esquerda e os datos da habilitación á dereita. Os datos da habilitación son extraídos de Configuración->Información habilitación. Exemplo:

parametros_cabeceira

3.- Outros valores por defecto:

parametros_resto_valores

Comportamentos particulares:

  • Tipo retención por defecto é un campo que nos permite precargar o valor dun % de retención por defecto ao rexistrar facturas. É útil para aquelas habilitacións que xestionan a maioría das súas facturas con retencións. O valor seleccionado aparecerá no campo Tipo retención de altas de facturas
  • Rexistrar varias facturas mesmo provedor por defecto é un campo no que seleccionamos o valor ou Non. É útil para usuarios que rexistran facturas a lotes dos mesmos provedores
  • Número resultados en listaxes é o campo onde seleccionamos o número de liñas que queremos que nos mostre o programa por pantalla nas listaxes
  • Validar números de conta é un campo no que seleccionamos o valor  ou Non, se a selección é Si permite que cada vez que introduzamos unha C/ C o programa valide se é correcta
  • Validar departamento  é un campo no que seleccionamos o valor  ou Non, se a selección é Si o programa obriga a seleccionar un departamento cada vez que rexistremos facturas
  • Valor por defecto tipo obribación e Valor múltiple. Se marcamos Valor múltiple a habilitación pode xestionar distintos tipos de obrigacións. Desde unha previsión inicial / presuposto de gasto ata a factura final. No caso que non se marque este campo a habilitación xestionará unicamente o tipo de obrigación Factura.
  • Valor por defecto clave perceptor para aquelas habilitacións que xestionan a maioría das súas facturas con retencións. O valor seleccionado aparecerá no campo Clave perceptor de altas de facturas
  • Concepto da orde SEPA 34.14, o habilitado pode seleccionar se na orde de pago do ficheiro modelo Q34 o concepto das facturas levan o valor fixo Pago factura e o número da factura ou o concepto da factura. Este valor é o que aparece nos extractos bancarios remitidos ao habilitado
  • Límite de gasto define o límite de gasto dun provedor na habilitación. Unha vez chegado ou pasado este límite a habilitación avisará cada vez que se queira xestionar facturas deste provedor
  • Aviso de gasto mínimo para xustificar (%), no caso de que a xustificación do gasto non chegue ao % mínimo parametrizado avisará desta circunstancia
  • Aviso prazo máximo para xustificar dende o ingreso (en días), no caso de que a xustificación do gasto exceda o máximo de días sinalados avisará desta circunstancia

Por último para facer efectivos estes parámetros hai que picar no botón Gardar. estes parámetros pódense cambiar en calquera momento

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)