Saltar la navegación

Traspaso fondos

Esta opción regulariza automaticamente os saldos das aplicacións orzamentarias seleccionadas deixandoos a 0No caso de que con este proceso quede algún remanente este asignarase á aplicación elixida

Os traspasos de fondos pódense facer tamén de forma manual desde a opción Conta: Ingresos/Gastos

Para isto o programa xera automaticamente documentos de saída e entrada de fondos en formalización (ADOK - Ingreso por traspasoADOK - Gasto por traspaso)

Seguidamente mostramos un exemplo:

trspasos

Na parte superior aparece o formulario de filtrado cos campos obrigatorios

Picando en Buscar aparece a listaxe das aplicacións vinculadas con os saldos actuais

Campos da listaxe:

  • Aplicación mostra o código da aplicación orzamentaria
  • Saldo concepto mostra o saldo actual da aplicación orzamentaria
  • Aplicacións é un campo de selección múltiple que nos permite seleccionar as aplicacións que imos regularizar (as que imos deixar a 0 e a que eliximos para deixar o posible remanente resultante)
  • Aplicación destino é un campo de selección único e serve para elixir a aplicación orzamentaria na que se cargará o posible remanente resultante do proceso

No exemplo anterior selecciónanse todas as aplicacións e elíxese a 202 para cargar o remanente resultante

Picando en Facer traspaso execútase o proceso de regularización

A continuación mostramos como quedaría noso exemplo e se repetimos novamente esta opción móstranos como quedan as aplicacións despois da regularización

traspasos

Para isto o programa xera automaticamente documentos de entrada e saída de fondos en formalización (ADOK - Ingreso por traspaso e ADOK - Gasto por traspaso). Estes movementos aparecerán tamén nas xustificacións como "Transferido por vinculación" ou "Recibido por vinculación" e son consultables no Listaxe movementos conta

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)