Esta é a pantalla de rexistro de obrigacións contraídas de forma manual. A aplicación permite rexistrar tres tipos de obrigacións: previsión, albarán e factura.
Este formulario é similar ao de modificación de facturas xa rexistradas
A aplicación permite rexistrar o historial da petición de servizo se o necesita o habilitado. Para isto aparecen 3 tipos de obrigacións:
- Previsión/presuposto: é a petición inicial de material a un proveedor, normalmente o provedor remite un presuposto
- Albarán: é o documento achegado polo provedor cando entrega material
- Factura: é o documento achegado polo provedor para cobrar os servizos realizados
Cada habilitación pode adaptar a súa forma de traballo, de tal forma que pode traballar directamente con facturas ou activar o rexistro dos pasos anteriormente descritos. Por defecto a aplicación traballa co tipo de obrigación Factura unicamente pero se se necesita traballar cos estados anteriores debe seleccionar en Configuración -> Parámetros-> Valor por defecto tipo obrigación e marcar Valor múltiple
- Campos obrigatorios:
NIF, número factura, aplicación orzamentaria, período e importe total
Departamento non é obrigatorio salvo que en Configuración -> Parámetros->Validar departamento se seleccione "Si"
- Valores por defecto en campos:
Pódese configurar este formulario para que aparezan certos campos cubertos por defecto
-
- Os campos rexistrar facturas do mesmo provedor, Tipo de retención, Conta provedor e Conta habilitación pódense cargar con valores por defecto
- na opción Configuración -> Parámetros pódese indicar os valores de rexistrar facturas do mesmo provedor e Tipo retención
- Conta provedor pode aparecer cuberto se nos datos do provedor marcamos a c/c é por defecto
- Nos datos da habilitación pódese marcar a Conta habilitación para que apareza por defecto marcando é por defecto
- Traballo dunha habilitación con varios tipos de obrigacións:
Para isto utilízase o combo coa etiqueta Engadir se se trata dunha obrigación nova ou Modificar no caso que esteamos a cambiar o tipo de obrigación. Esta é a imaxe do combo:

O paso dun tipo de obrigación a outro se debe facer por medio dunha MODIFICACIÓN do documento seleccionando o novo tipo de obrigación:
- De previsión a albarán
- De previsión a factura
- De albarán a factura
Esta MODIFICACIÓN crea un tipo de obrigación novo.
P.e.:
- Dáse de alta unha Previsión/presuposto
- Cando o provedor entrega o material solicitado débese buscar do documento da Previsión inicial no Mantemento facturas / previsións e editar o documento
- Co documento da "Previsión" editado no forumalario cambiar o tipo de obrigación ao que corresponda no combo "Modificar"p.e. a "Albarán"
- Por último picar no botón MODIFICAR.
- Cando entreguen a factura débese buscar o documento do "Albarán "no Mantemento facturas / previsións e editar o documento
- Co documento "Albarán" editado no forumalario cambiar o tipo de obrigación a "Factura"
- Co tipo de obrigación "Factura" xa se pode pagar
NON SE DEBE DAR DE ALTA UN DOCUMENTO NOVO xa que se perdería o historial da obrigación e distorsionaría o saldo previsión.
- Comportamentos particulares de campos:
No proceso de rexistro de facturas se no campo rexistrar facturas do mesmo provedor seleccionamos Si se aguantan os campos cubertos, de factura en factura, excepto importes.
NIF, se picamos na lupa poderemos acceder á listaxe de provedores onde poderemos localizar o provedor e seleccionalo
Número de factura, neste campo debemos cubrir o número de factura achegado polo provedor. En caso dunha dieta ou locomoción picaremos en Xerar número e o programa creará un número de factura automaticamente.
Importe retido calcúlao e carga automaticamente o programa por medio dos datos de Base impoñible e Tipo retención
A Pagar calcúlao e carga automaticamente o programa por medio dos datos Importe total a Base impoñible e Tipo retención
Crave perceptor este campo só actívase se se selecciona algún Tipo retención
Saldo precontable son dous campos de información que mostran os saldos ata ese momento a nivel de vinculación e aplicación orzamentaria calculado coa suma de todas as facturas rexistradas nesa aplicación presupostaria pagadas e sen pagar
Aviso de posible factura repetida. Se coincide o importe, o NIF e a data dará un aviso indicando a existencia dunha factura con eses datos
- Comentario:
O rexistro de facturas non implica a modificación dos saldos das nosas aplicacións salvo os saldos denominados Saldo precontable e saldo previsión.
- O saldo precontable calcúlase descontando todas as facturas rexistradas pagadas e sen pagar
- O saldo previsión calcúlase descontando todas as facturas rexistradas pagadas e sen pagar e todos as previsións e albráns pendentes de facturar.
A aplicación non limita o rexistro de facturas / obrigacións aínda cando os saldos sexan negativos. Os saldos móstranse no formulario de rexistro
O programa non permite rexistrar facturas co mesmo número de factura dun mesmo NIF no mesmo exercicio económico. Esta restrición faise efectiva en todas as habilitacións que se xestionan coa aplicación. Non é posible rexistrar una mesma factura en calquera habilitación