Esta é pantalla de xestión das liquidacións das retencións por IRPF aplicadas a facturas de provedores.
Seguidamente mostramos un exemplo completo ca listaxe resultado do filtrado:

Na pantalla inicial de filtrado todos os campos son obrigatorios. Unha vez cubertos e picando no botón Buscar aparece na parte inferior a listaxe de facturas con retención IRPF que cumpren os criterios do filtro
Como calquera outro listado picando nos títulos da cabeceira ordenarase a listaxe de maior a menor ou de menor a maior
- Total a pagar > é un campo dinámico que vai informando do importe total das facturas seleccionadas na listaxe
Soamente farase a liquidación do IRPF daquelas liñas co campo Pagar marcado
Picando no botón Facer o pago o programa fai efectiva a liquidación e presenta a mensaxe cos datos do número de referencia da liquidación e coa opción de imprimir o documento, este é un exemplo:

Picando no botón Imprimir liquidación facenda xérase o documento en formato pdf