Saltar la navegación

Vinculacións

Esta é a pantalla de mantemento de vinculacións

Como todas, na parte superior aparecen os campos descriptivos e de filtrado, e na parte inferior a listaxe de vinculacións

Vinculacions

Para engadir unha nova vinculación so temos que cubrir os campos descritivos. 

  • O campo Nome cubrirémolo cunha breve descrición. Normalmente coincidirá coa descrición do artigo presupostario
  • No campo Conta seleccionamos a nosa conta
  • O campo Código cubrirémolo co código de vinculación. Normalmente coincidirá co artigo presupostario. A medida que imos engadindo caracteres van aparecendo as aplicacións presupostarias, na parte baixa, que poden pertencer a esta vinculación.

Aquí mostrámosvos un exemplo

ViculacionsDetalle

Para acabar co proceso de engadir vinculación só temos que marcar as aplicacións presupostarias que queremos vincular a ese código e picar no botón "Gardar

Para modificar unha vinculación só temos que picar no lapis da listaxe inferior e aparecerá o mesmo formulario, despois picamos no botón "Modificar"

Para eliminar unha vinculación só temos que picar no aspa vermella da listaxe. A eliminación ten repercusión en todos os procesos que se controlan a nivel de vinculación como as listaxes, pagos, etc.

As vinculacións arrástranse ano tras ano polo que non é necesario crealas cada exercicio económico e en todo caso só haberá que modificar ou crear as novas 

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)