Saltar la navegación

Carga Facturas SEF

A opción "Carga facturas SEF" é unha utilidade que permite o rexistro de facturas previamente incorporadas no SEF

O proceso para o rexistro utilizando este método faise en dous pasos:

  1. Descarga da factura do programa SEF en formato xml no noso equipo
  2. Carga do ficheiro xml na aplicación

Seguidamente poñemos un exemplo das pantallas para o proceso de descarga das facturas do programa SEF ao noso equipo 
Débese ter moi en conta o formato de descarga, terá que ser necesariamente en formato xml. O botón para a descarga neste formato adoita ter unha imaxe similar a esta: <>

facturas SEF

Cando picamos neste botón aparécenos a seguinte pantalla na que se nos solicita onde gardar a factura en formato xml no noso equio
Aquí poñemos un exemplo

facturas SEF guardar

Unha vez gardadas xa temos as facturas no noso equipo e só queda cargalas na nosa habilitación
Para isto picamos na opción "Carga Facturas SEF" do menú e traballamos ca seguinte pantalla

CargaSEF

Picando no botón "Elegir archivos" podemos acceder ao cartafol, onde descargamos previamente as facturas do SEF en formato xml, e seleccionar as facturas a cargar.

Mostramos a continuación un exemplo

carga facturas


Unha vez seleccionadas no cartafol a nosa aplicación móstranos a listaxe das facturas en pantalla como no exemplo seguinte

ListaSEF

Para facer efectivo o rexistro da factura temos que picar no botón (+) que nos presentará o formulario de rexistro de facturas cos datos cargados onde finalizaremos o proceso.

  • Comentarios:

Pódense elixir facturas en lote, varias á vez, para rexistrar dende o cartafol do noso equipo 
O proceso de rexistro, na aplicación, co botón (+) só pódese facer dunha nunha
A aplicación controla duplicados polo que aínda que se elixan facturas xa rexistradas previamente estas non poderán ser incorporadas

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)