Esta é a pantalla inicial de xestión de provedores. Aquí poderá introducir os datos dos provedores e os seus c/ c. A continuación aparece un exemplo:

Como outras pantallas o funcionamento é similar. Na parte superior aparece un pequeno buscador e na parte inferior aparece a listaxe
- Picando na Lupa poderase localizar a un provedor por NIF ou por nome (busca calquera cadea en calquera posición)
- Picando en Buscar xerarase unha listaxe coas condicións de filtrado
- Picando en Novo accederase ao formulario de mantemento de provedores
Na listaxe, picando no nome de cada columna a listaxe ordena alfabeticamente o resultado: de maior a menor ou de menor a maior
Abaixo os bontones inferiores de navegación:
Permite paxinar a listaxe filtrada en pantalla. Pódese ir á primeira páxina á seguinte á anterior ou á última
Picando no botón Novo ou na icona Lapis accedemos ao formulario de carga ou edición de datos. A continuación poñémosvos un exemplo:

- Campos obrigatorios:
Nif, Empresa ou persoa e Nome completo
no caso de que se seleccione o valor Persoa o programa verificará a correcta formación do NIF.
Seguindo a pantalla, do exemplo, na parte inferior aparécenos:

Contas bacarias:
Móstranos información das contas do provedor. Pódense engadir tantas como se necesite e modificar en calquera momento
Non se permite Eliminar unha conta con pagos feitos
Interesante a destacar son os campos de selección é por defecto e Habilitada.
- Se marcamos é por defecto cargarase automaticamente a c/c nos formularios onde acha que seleccionar conta do provedor.
- Se marcamos Habilitada esta conta presentarásenos nos formularios onde acha que seleccionar c/c do provedor. Se non está marcada funcionará na práctica coma se estivese eliminada e non aparecerá en ningún formulario