Esta opción proporciónanos unha información inmediata da situación da nosa habilitación.
Inicialmente aparece o buscador que nos permite filtrar a procura e posteriormente picamos en "Buscar". Se non se cobre ningún valor de filtrado preséntanos a listaxe completa de vinculacións e aplicacións orzamentarias
Esta é a pantalla resultante:
Os saldos móstranolos en catro columnas que corresponden a catro posibles situacións:
- Saldo concepto. Saldo resultante de descontar aos ingresos os importes totais dos pagos feitos (incluíndo as retencións de IRPF, liquidadas ou non ata ese momento)
- Saldo conta. Saldo resultante de descontar aos ingresos os importes dos pagos feitos (non se inclúen as liquidacións do IRPF que falten por facer)
- Saldo precontable. Saldo resultante de descontar aos ingresos os importes totais de todas as facturas rexistradas (incluíndo as retencións de IRPF) ata ese momento independentemente se se pagaron ou non
- Saldo previsión. Saldo resultante de descontar aos ingresos os importes totais de todas as facturas rexistradas (incluíndo as retencións de IRPF) ata ese momento independentemente se se pagaron ou non e os importes de previsións / presupostos ou albaráns pendentes de facturar
Ao final da listaxe aparece o botón "Imprimir PDF" que nos xera a listaxe nese formato