Saltar la navegación

Xustificacións

Esta é a pantalla que nos axuda a facer a xustificación trimestral dos ingresos e pagos realizados durante ese período trimestral

Xustificar

As xustificacións fanse por período e por aplicación orzamentaria aínda que se poden facer por período e vinculación naquelas aplicacións presupuestarias marcadas coa opción Permiso de Xustificación por Vinculación (aplicacións con excepcións orzamentarias, p.e. 228, 229, etc.)

  • Descrición dos campos da pantalla e proceso

Conta habilitado é a conta que utiliza a habilitación e é obrigatoria cubrila
Aplicación presupuestaria campo no que se selecciona a aplicación orzamentaria a xustificar, é obrigatorio
Período é o trimestre para xustificar, selecciónase o número do trimestre e é obrigatorio
Data
xustificación é a data na que se fai a xustificación, por defecto aparece a actual pero é modificable
Orde relación facturas son opcións nas que se elixe a orde no que aparecerán as facturas pagas na relación adxunta á carpetilla de xustificación
No caso de que esa aplicación orzamentaria tivese unha devolución ao tesouro nese período aparecerá a seguinte pregunta ¿Quere que apareza devolución?. Se seleccionamos Si aparecerá unha liña de detalle na caratula da xustificación coa Devolución ao tesouro
¿Quere asinar todas as páxinas? se seleccionamos Si aparecerán as firmas en todas as páxinas dos documentos de xustificación, en todas as páxinas da relación adxunta á xustificación. Por defecto aparece Non, isto quere dicir que aparecerán as firmas na caratula e na última páxina da relación adxunta á xustificación. As firmas pódense configurar na opción Configuración->Táboas auxiliares->Sinaturas e Configuración->Parámetros do menú principal
¿É complementaria? se seleccionamos Si quere dicir que é unha xustificación complementaria a outra xa feita anteriormente. Por defecto aparece Non
Texto Relación Xustificación é un campo de texto no que se pode poñer calquera explicación que se imprimirá na cabeceira da relación adxunta á xustificación

Unha vez cubertos os datos e ao picar no botón Mostrar resultados a xustificar mostrarase na parte inferior unha táboa resumen da xustificación.
Ao picar no botón
Facer xustificación o programa xerará e mostrará en formato pdf a caratula e a relación adxunta da xustificación.

No caso que queiramos volver repetir a xustificación ou borrala, cubriranse os datos igualmente pero coa data na que se fixo a xustificación, Data xustificación, este dato é necesario. Novamente aparecerán a táboa resumen cuberta e con dos botóns

  1. Picando no botón Imprimir xustificación repetimos os documentos
  2. Picando Borrar xustificación borramos a xustificación quedando os pagos novamente sen xustificar
  • Comentario:

No caso de xustificar aplicacións con excepcións orzamentarias e con Permiso de Xustificación por Vinculación ( p.e. 228, 229, etc.) o programa non permite facer xustificacións a nivel individual das outras aplicacións orzamentarias vinculadas con estas aplicacións. Só permite facer a xustificación da aplicación orzamentaria con Permiso de Xustificación por Vinculación presentando datos a nivel de vinculación

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)