Habili_cs
É a ferramenta que facilita de forma sinxela os procesos de cálculos das indemnizacións por gastos de manutención, aloxamento e locomoción e a impresión dos documentos.
Antes de empezar a traballar con esta utilidade hai varios datos que tes que configurar:
- No mantemento de Sinaturas do teu programa de Habilita2 (Configuración->Táboas auxiliares->Sinaturas) terás que seleccionar ou engadir as persoas que asinarán as comisións de servizo. Isto faise elixindo a opción SI no campo Empregar en comisións de servizo. Póñovos unha imaxe de exemplo:

- Nos Parámetros do teu programa de Habilita2 (Configuración->Parámetros) terás que seleccionar o número de firmas, distintas ao comisionado, que asinarán o documento: 1 ou 2 que se imprimirán no documento da comisión de servizo e o formato de impresión do documeto co que traballes habitualmente (un documento único ou dous documentos separados). Póñovos unha imaxe de exemplo:

- No mantemento de provedores terás que engadir varios datos da persoa que vai utilizar este módulo ou á que tí encherás os datos da comisión.
No campo Empresa ou Persoa debe estar "Persoa" , en Tipo provedor debes seleccionar "Persoal administración". Nese momento aparecerán os datos exclusivos para encher as comisións de servizo: a caixa para marcar permisos módulo comisión de servizos, o nome do usuario (o da Xunta curto) o grupo, o posto, o servizo e a área. Póñovos unha imaxe de exemplo:
Non estaría de mais que revisases as descricións que tes da túa habilitación, Consellería e Servizo. Estas descricións telas en Configuración->Información Habilitación xa que aparecerán, xunto co logo da Xunta, na cabeceira do documento. Póñovos unha imaxe de exemplo:

Unha vez feito isto xa podemos utilizar o módulo
No inicio a primeira pantalla que che aparece é un formulario dividido en duas partes:
A parte superior corresponde ao buscador
É un conxunto de campos polos que podes filtrar as túas comisións de servizo para xerar unha listaxe

Abaixo a listaxe resultado do filtrado seleccionado na parte superior
Aí tes a información do estado das comisións: pendentes, tramitadas, validadas ou rexeitadas así como a información de se están ou non pagas e en que data

PENDENTES son comisións que tes esperando a completar para tramitar
TRAMITADAS son as que acabaches de cubrir e presentaches ao habilitado
VALIDADAS son as revisadas polo habilitado e incluídas no sistema de pagos
REXEITADAS son comisións devoltas polo habilitado e que deben ser modificadas
Tamén as tes ferramentas de accións en cada caso
o LAPIS para modificar datos
a PAPELEIRA para eliminar
e o OLLO para visualizar
As 3 seguintes pantallas corresponden ao mantemento de comisións de servizo: alta, modificación ou eliminación
A primeira corresponde á AUTORIZACIÓN e descrición da orde de servizo

Teremos algúns datos cubertos polo habilitado e cubrimos o resto dos campos da comisión. Unha vez cubertos picamos no botón "Gardar e continuar" para pasar á seguinte pantalla
A segunda pantalla corresponde á descrición detallada da orde de servizo. Aquí débense indicar os desprazamentos feitos dentro do rango diario e horario descrito na autorización

Cada liña correspóndese cun servizo que a aplicación numerará automaticamente (#1, #2, ...). Podemos engadir mais servizos picando no botón "+" e a cada servizo poderáselle ligar os gastos que correspondan tanto de axudas de custo como de locomoción. Unha vez cubertos picaremos no botón "Gardar servizo" e se non hai que cubrir mais picaremos no botón "Continuar" para acceder á terceira e última pantalla
A terceira e última pantalla corresponde á declaración do comisionado, certificación do cumprimento do servizo e o resumo liquidación de indemnizacións

Picando no botón "Gardar" quedará gardada a comisión en estado de "Pendente" e só nos quedaría tramitala. Ao picar en "Gardar e Tramitar" quedará gardada, en estado "Tramitada" ao dispor do habilitado e poderá imprimir o documento de comisión de servizo.
Agora poderás revisar o formulario e VALIDAR ou REXEITAR.
Se a validas automaticamente pasarache os datos da comisión ao formulario de altas da túa aplicación de habilita2
Se a rexeitas apareceralle ao usuario a comisión como REXEITADA co comentario que precises comunicar
Se VALIDAS aparecerá o formulario de HABILITA2 de xetión de dietas e locomoción cuberto cos datos como o seguinte:

Como ves aparecen os campos cubertos, recadros vermellos, e na descrición "Indemnizacións por comisións de Servizo" aparece o id da comisión de servizo, círculo vermello, e o texto da orde de servizo