Busca nos catálogos

Neste apartado poden consultarse os principais catálogos xestionados pola Biblioteca de Galicia. Ademais ofrécese o enlace a outros catálogos de interese relacionados con patrimonio bibliográfico español.

O catálogo da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia está formado polos fondos das bibliotecas públicas integrantes da Rede. Nel poden consultarse os fondos de todas as bibliotecas que o integran e a súa dispoñibilidade. As descricións bibliográficas do fondo moderno (posterior a 1958) da Biblioteca de Galicia están integradas neste catálogo colectivo.

O Catálogo Colectivo do Patrimonio Bibliográfico de Galicia (CCPBG) tenta recoller a descrición e localización de libros e outros materiais bibliográficos, depositados en bibliotecas e institucións públicas ou privadas da nosa comunidade, que pola súa antigüidade, singularidade ou riqueza forman parte do Patrimonio Bibliográfico Galego.

A sección de Datos Abertos Vinculados de Galiciana-Biblioteca Dixital de Galicia contén diversos apartados que permiten explorar a Lista de Encabezamentos de Materias en Galego, publicada en formato SKOS, e os datos da propia biblioteca dixital segundo o Europeana Data Model.