Ata o ano 2024 conseguiron dixitalizarse 5.326 títulos do CCPBG dos máis de 221.000 existentes, o cal representa só un 2%.
Non obstante, a porcentaxe de fondo dixitalizado do CCPBG no total da Biblioteca Dixital de Galicia (Galiciana) representa máis da metade (56%), é dicir, do total dos 9.541 títulos dixitalizados en Galiciana, 5.326 pertencen ao CCPBG, o resto (4.215) a outras seccións.
Esta última información pode traducirse a número de imaxes dixitalizadas ou obxectos dixitais. Son 877.389 imaxes dixitais do CCPBG, mentres o total de imaxes dixitais existentes na Biblioteca Dixital de Galicia ascende a 3.268.489. A proporción do CCPBG, neste caso, é inferior á dos seus títulos dixitalizados: as imaxes do CCPBG representan só o 27% do total existente en Galiciana. A explicación está nas publicacións seriadas, que non están aínda no CCPBG e que conteñen a meirande parte das imaxes.