Son obxecto do depósito legal todo tipo de obras bibliográficas, sonoras, visuais, audiovisuais ou dixitais, producidas ou editadas en Galicia por calquera procedemento de produción, edición ou difusión, e distribuídas ou comunicadas en calquera soporte, tanxible ou intanxible.
O depósito legal na Comunidade Autónoma de Galicia comprende os seguintes tipos de publicacións e recursos, ou a combinación de varios deles formando unha unidade:
Libros e folletos en papel, calquera que sexa a súa forma de impresión, estean ou non destinados á venda
Follas impresas con fins de difusión que non constitúan propaganda esencialmente comercial
Recursos continuados tales como publicacións seriadas, revistas, anuarios, memorias, diarios, e recursos integrables, como as follas soltas actualizables
Libros de texto de Educación Infantil, Primaria, Secundaria obrigatoria, Bacharelato e os de ensino de Formación Profesional
Catálogos comerciais de librerías, editoriais e poxas
Publicacións electrónicas en calquera soporte tanxible, que o estado da técnica permita en cada momento
As publicacións de impresión baixo demanda (quedan excluídas as destinadas á distribución nun ámbito familiar)
Láminas, cromos, naipes, marcapáxinas, postais e tarxetas de felicitación
Carteis anunciadores e publicitarios, así como a propaganda electoral
Partituras
Documentos sonoros
Obras e documentos audiovisuais
Mapas, planos, atlas, cartas mariñas, aeronáuticas e celestes
Videoxogos, que incluirán todos os contidos dixitais, excluíndo os obxectos tridimensionais
Copia nova dos documentos íntegros, en versión orixinal, de toda película cinematográfica, ou outra obra audiovisual, realizada por un produtor con domicilio, residencia ou establecemento permanente no territorio español, así como un exemplar do material publicitario correspondente
Ademais dos tipos e recursos sinalados, tamén son obxecto de DL todo tipo de publicacións en liña, tanto de acceso libre como restrinxido, xunto cos metadatos que inclúan, e as publicacións neles contidas. O DL destas publicacións regúlase específicamente no RD 635/205, do 10 de xullo.