Institucións participantes

Os documentos descritos no CCPBG pertencen a numerosas institucións de toda Galicia. As institucións seleccionáronse polo valor cultural das súas coleccións. Os seus fondos foron catalogándose en diferentes campañas. Nalgunhas bibliotecas os traballos de catalogación aínda non están rematados. Na actualidade poden consultarse as coleccións patrimoniais de 47 institucións.

Tipoloxía das institucións

Podemos agrupar as institucións en función da tipoloxía en públicas e privadas, concretamente 31 públicas e 16 privadas.

Aínda que as institucións públicas son maioría, os títulos catalogados nas institucións privadas representan máis da metade:

  • Privadas:
    • Eclesiásticas: 12
    • Fundacións: 4
  • Públicas:
    • Arquivos municipais: 2
    • Bibliotecas municipais: 5
    • Bibliotecas Centrais Territoriais: 5
    • Deputacións provinciais: 2
    • Educativas: 5
    • Ministerio de Defensa: 2
    • Museos: 4
    • Sen clasificación ou únicas: 6
Títulos integrados no CCPBG por tipoloxía das institucións

Nos cadros seguintes obsérvase cales son as que teñen máis títulos catalogados en función da súa categoría:

  • Nas privadas dominan claramente as achegas das institucións eclesiásticas
  • Nas públicas, onde a tipoloxía é máis variada, destacan as catalogacións das institucións educativas, especialmente a da Universidade de Santiago de Compostela.
Títulos integrados no CCPBG das institucións privadas e públicas por categoría

Distribución xeográfica das institucións

A distribución das institucións en función da provincia á que pertencen é como segue:

  • A Coruña : 26
  • Pontevedra: 10
  • Ourense: 6
  • Lugo: 5

Se facemos o mesmo, pero en función dos documentos catalogados, atopamos que aínda que a meirande parte das institucións son da Coruña, as catalogacións da provincia de Pontevedra non están moi lonxe das da Coruña. Por outra parte Lugo, malia ter menos institucións ca ningunha, achega máis catalogacións cas institucións de Ourense.

Títulos integrados por provincia