Cifras totais
- O número total de títulos do CCPBG son 221.409. Representan o 97% do total da base de datos (228.008 títulos).
- O total de exemplares son 359.012. Representan o 99% do total da base de datos (363.949).
- O total de títulos do CCPBG dixitalizados son 5.326. Representan o 56% do total de títulos dixitalizados na base de datos (9.541).
- O total de imaxes dixitais do CCPBG son 877.389. Representan o 27% do total da base de datos (3.268.489).
Tipoloxía
Da colección hai que sinalar que, polo momento, só consta de monografías. Nun futuro incorporaranse outros tipos de materiais: publicacións periódicas, fotografías, mapas, etc.
Cronoloxía
A cantidade de títulos descritos en función da data de publicación mostra un certo predominio dos documentos do século XIX, aínda que os dos séculos XVIII e XX están moi próximos. Máis raros, por suposto, son os do século XV, tal como se mostra na gráfica de embaixo.
Podemos facer tamén o corte en función da evolución da imprenta: de manual a mecanizada, o cal determina o pase do libro antigo ao moderno. Este momento sitúase nos primeiros anos do s. XIX (neste caso fixémolo no 1800). Pode observarse que no noso catálogo son maioría os libros modernos fronte aos antigos.
Lingua
A cantidade de títulos en función da lingua na que foron escritos pode analizarse no cadro de embaixo, que representa as linguas máis usadas. Nel destaca o predominio do español, seguido do latín, moi usado no fondo antigo e o fondo en francés. Cabe salientar a existencia do fondo galego, aínda que sexa reducido.
Lugar de publicación
As impresións dos documentos do CCPBG son maioritariamente feitas en España, como se reflicte na gráfica. En segundo lugar cabe destacar a presenza dos fondos publicados en Francia e Italia.
Evolución da colección do catálogo nos últimos 13 anos
No primeiro dos gráficos dispostos a continuación pode observarse como a colección, e sobre todo a súa dixitalización, non parou de medrar entre o 2011 e o 2024. Aínda que a colección física non aumentou moito, si o fixo o proceso de dixitalización. A súa evolución altamente positiva obsérvase na cantidade de imaxes dixitalizadas: