Nos catro videotitoriais que se mostran a continuación explícase como facer as buscas e como explotar ao máximo as opcións que oferta o OPAC do Catálogo Colectivo do Patrimonio Bibliográfico de Galicia.
No primeiro deles faise unha introdución ás buscas no catálogo, como está constituída a base de datos de Galiciana-BDG e formúlanse as necesidades principais para, en función destas, facer as limitacións pertinentes. Así podes, ser máis consciente do que debes facer para localizar o que andas a buscar.
O segundo dos videotitoriais mostra como funciona a busca asistida. É a busca que aparece no catálogo por defecto, no vídeo explícase como utilizala: as buscas polos diferentes campos, refinar os resultados por facetas, como utilizar os operadores booleanos (e, ou, non), a busca por palabra clave, buscas exactas e truncamentos.
O CCPBG tamén permite realizar buscas cunha maior complexidade. Esta opción, a das buscas avanzadas, é a que se explica no terceiro dos vídeos, no que tamén se mostran as diferentes formas de visibilidade dos resultados e a opción de gardar as buscas, que permite exportar os resultados obtidos a un correo ou a un ficheiro do noso ordenador.
Por último o cuarto videotitorial explica como funciona a sesión personalizada do catálogo, o que chamamos "a miña biblioteca". Unha vez que te identificas, o catálogo ofrece moitas máis opcións de tratamento das túas buscas e resultados: garda as túas consultas, podes crear e gardar bibliografías personalizadas.
Calquera consulta ou suxestión pode enviarse ao enderezo electrónico ccpbg-bibliotecadegalicia [at] xunta.gal (ccpbg-bibliotecadegalicia[at]xunta[dot]ga)