Constituír o depósito legal ten as seguintes vantaxes:
- É o medio máis seguro para preservar e legar ás xeracións futuras as obras obxecto de depósito.
- Facilita a difusión da obra para garantir o dereito de acceso á cultura, á información e á investigación.
- Permite recoller a información precisa para confeccionar as estatísticas oficiais sobre o patrimonio.
- Posibilita que os centros de conservación describan o conxunto da produción bibliográfica, sonora, visual, audiovisual e dixital galega, co fin de difundila e posibilitar o intercambio de datos con outras axencias ou institucións bibliotecarias españolas e estranxeiras.
- Permite o acceso e a consulta das obras respectando a lexislación sobre propiedade intelectual.