Ricardo Carvalho Calero na Biblioteca de Galicia

Imaxe

A Biblioteca de Galicia homenaxea ao autor protagonistas do Día das letras galegas 2020

Un ano máis a Biblioteca de Galicia mergullouse nos seus fondos para recuperar as obras máis significativas do home ao que neste ano 2020 se lle dedica o día das Letras Galegas. 

Respectando as normas establecidas polas autoridades sanitarias para a prevención da COVID-19, na BdG poderán visitarse, repartidas en 6 vitrinas, máis de 50 obras deste narrador, poeta e dramaturgo pero tamén incansable estudoso da nosa lingua e da historia da nosa literatura. 

A selección dos técnicos da BdG sobre a extensa obra de Ricardo Carvalho Calero agrupouse precisamente arredor das súas facetas como narrador, dramaturgo, poeta e investigador. Tamén inclúense obras que nos achegan a súa historia vital. 

A Biblioteca de Galicia, como centro de conservación e difusión do depósito legal electrónico na comunidade autónoma de Galicia, tamén quere destacar todos os recursos web que se están a xerar en Internet con motivo da conmemoración do Día das Letras Galegas, dedicado a Ricardo Carvalho Calero. Ademais de incluír no Arquivo da Web Española todos os sitios web que se están a producir con este motivo, garantindo así a súa conservación para as xeracións futuras, publicamos esta pequena exposición virtual cos recursos atopados, cun pequeno resumo da información que conteñen.

Coordinador
Lorenzo Romero Castro e Daniel Buján Núñez