A Biblioteca festexa este día cunha proposta musical de Claudia Abril e Marina Carpente que mestura música tradicional galega con modernidade
Tradición renovada, sons de raíz en harmonía co presente. Un microcosmos folclórico no que as identidades converxen e crean comunidade. Este sábado, ven gozar da intimidade, frescura e personalidade da música de Abril á Biblioteca de Galicia con motivo do Día das Letras Galegas.
Abril é un proxecto formado por Claudia Abril (voz e percusións) e Marina Carpente (violín e voz) no que melodías tradicionais galegas e ibéricas se adaptan a sonoridades actuais con certa intimidade, personalidade e frescura.
Unha proposta de folk contemporáneo na que instrumentos de música tradicional como a pandeireta, o pandeiro ou o violín folk dan lugar a un coidadísimo repertorio que contribúe a poñer en valor a música tradicional galega sen deixar de lado a modernidade.
Información práctica
Concerto: Abril
Integrantes: Claudia Abril (voz e percusións) e Marina Carpente (violín e voz)
Data: vernes 16 de maio
Público: Xeral
Lugar: Auditorio Neira Vilas da Biblioteca de Galicia
Horario: 19.00 horas
Prazas: 120
Entrada de balde, previa inscripción na web da Cidade da Cultura