Aprende forma, liña e cor a través do traballo de Vizoso | Un obradoiro de Yago García

Imaxe

A Biblioteca de Galicia celebra o Día da Ilustración 2025 con actividades destinadas ao público familiar

Xosé Vizoso deseñou algunhas das pezas máis bonitas de Sargadelos e centos de carteis de festas populares que xa son icónicos da cultura galega. Neste obradoiro, que se imparte o próximo sábado 15 de febreriro da man de Yago García, a cativada poderá coñecer e rendir homenaxe ao seu traballo, debuxando ao seu estilo e creando ilustracións únicas.

Os máis pequenos aprenderán a contar historias con debuxos nunha actividade divertida e creativa e poderán levar unha obra feita por eles mesmos para lembrar na casa a este gran artista.

Información práctica

Data: 15 de febreiro

Horario: de 17:30 a 19:00h

Lugar: Aula 1 da Biblioteca de Galicia

Público: cativada de entre 8 e 12 anos

Importante:
  • De balde, previa inscripción na web da Cidade da Cultura ata esgotar as 15 prazas.
  • Cada persoa deberá realizar unha reserva por cada cativo/a.
  • Os obradoiros non admiten persoas adultas acompañantes.
                                                      
Imaxe Obradoiro Vizosos