Bailen as vellas. Os contos das cereixas | Espectáculo polo Día da Narración Oral

Imaxe

A Biblioteca de Galicia conmemora o Día da Narración Oral cunha proposta de Vero Rilo e Atenea García

Os contos, ás veces, son coma as cereixas, cando botas un á boca parece imposible deixar de botar máis. En conmemoración polo Día da Narración Oral, Vero Rilo e Atenea García traen á Biblioteca de Galicia o espectáculo Bailan as vellas. Os contos das cereixas.

A través deste espectáculo trasládannos o legado das que non calaron, das que cantaron e bailaron para, así, traelas aos escenarios. Unha proposta de narración oral para público adulto que reivindica a cultura, a música e a poesía de transmisión oral galega. Estas historias chegan agora a escena para que non se perdan, para que as vellas canten e bailen tamén no noso presente.

Información práctica

Espectáculo: Bailen as vellas. Os contos das cereixas

Narración: Vero Rilo e Atenea García

Data: sábado 22 de marzo 

Público: adulto (máis de 14 anos)

Lugar: Auditorio da Biblioteca de Galicia

Horario: 19:00 a 20:00 horas

Duración: 60 minutos

Prazas: 120

Entrada de balde, previa inscripción na web da Cidade da Cultura