Barullo de Nadal | Espectáculo Musical na Biblioteca de Galicia

Imaxe

Nelson Quinteiro transfórmase no divertido Trasno Patajullo, axudante do Apalpador, nesta actuación infantil que mestura o clown coa música galega

A Biblioteca de Galicia acolle o sábado 13 de decembro o espectáculo infantil de clown Barullo de Nadal, no que Nelson Quinteiro se transforma no divertido Trasno Patajullo, axudante do Apalpador. Xunto ao seu amigo Pepe, un simpático porquiño, vivirán unha aventura musical na que a cativada participa activamente cantando e bailando.

A historia xira arredor de escribir a carta ao Apalpador para que Pepe reciba un instrumento da música tradicional galega. Durante a viaxe, descubrirán unha gran variedade de instrumentos: gaitas, pandeiros, peitoque, tarrañolas… e con axuda de pedais de loop, crearán ritmos complexos e divertidos.

O encanto do clown mestúrase coa riqueza da música galega, dando lugar a unha personaxe cómica e entrañable. A cativada poderá gozar de ritmos como a xota, a muiñeira ou o pasodobre, cantando, bailando.

Ven gozar do Nadal á Biblioteca de Galicia!

Celebrando o Nadal

ACTIVIDADE: Espectáculo musical

TÍTULO: Barullo de Nadal

COMPAÑÍA: Nelson Quinteiro Producións

DATA: sábado 13 de decembro

PÚBLICO: familiar

LUGAR: Auditorio da Biblioteca de Galicia

HORARIO: 18.00 horas

DURACIÓN: 90 minutos

PRAZAS: 120

INFORMACIÓN PRÁCTICA
  • O espectáculo é de balde, mais precisa inscrición na web da Cidade da Cultura
  • Se as prazas están esgotadas, estade atentas/os porque pode quedar algunha libre ao haber anulacións
  • Para calquera consulta, contactar con 
    bibliotecadegalicia [at] xunta.gal (bibliotecadegalicia[at]xunta[dot]gal)
Barullo de Nadal