A Biblioteca celebra este sábado día 11 o día das persoas usuarias

Con motivo desta efeméride o centro organiza unha visita guiada e agasallo de libros

Nestes momentos as prazas para a visita guiada xa están esgotadas. 
Para poñerte en lista de agarda, envía un correo a bibliotecadegalicia [at] xunta.gal (bibliotecadegalicia[at]xunta[dot]gal)

A Biblioteca de Galicia celebra este sábado 11 de xaneiro o día das persoas usuarias das bibliotecas cunha visita aos recunchos da institución e o agasallo dunha bolsa sorpresa de libros.

Durante a visita, que terá unha duración aproximada dunha hora, poderanse coñecer da man do persoal técnico da biblioteca os espazos de acceso restrinxido onde a institución custodia a maior parte dos seus fondos. Tamén se amosarán algunhas das obras máis importantes e singulares que garda a biblioteca, como incunables, mapas, carteis ou revistas tan determinantes para a nosa historia e cultura como Nós ou Vida Gallega.

Ademáis, as persoas que se acheguen ao longo do día á biblioteca serán agasallados cunha bolsa sorpresa de libros que poderá recollerse no mostrador de acceso á sala de consulta ata que se esgoten as unidades destinadas a esta actividade.

Información práctica

Visita guiada de 12.00 a 13.00 horas.

É preciso mandar un correo electrónico a bibliotecadegalicia [at] xunta.gal (bibliotecadegalicia[at]xunta[dot]gal)

Número máximo de persoas: 15