Con motivo desta efeméride organízase unha visita guiada polas instalacións do centro e agasallo de bolsas sorpresa de libros
A Biblioteca de Galicia celebra este luns 12 de xaneiro o Día das Persoas Usuarias das bibliotecas cunha visita aos recunchos da institución e o agasallo dunha bolsa sorpresa de libros.
Durante a visita, que terá unha duración aproximada dunha hora, poderanse coñecer da man do persoal técnico da biblioteca os espazos de acceso restrinxido onde a institución custodia a maior parte dos seus fondos. Tamén se amosarán algunhas das obras máis importantes e singulares que garda a biblioteca, como incunables, mapas, carteis ou revistas tan determinantes para a nosa historia e cultura como Nós ou Vida Gallega.
Ademais, as persoas que se acheguen ao longo do día á biblioteca serán agasallados cunha bolsa sorpresa de libros que poderá recollerse no mostrador de acceso á sala de consulta ata que se esgoten as unidades destinadas a esta actividade.
Información práctica
Horario: Visita guiada de 12.00 a 13.00 horas.
Inscrición previa: É preciso mandar un correo electrónico a bibliotecadegalicia [at] xunta.gal (bibliotecadegalicia[at]xunta[dot]gal)
Número máximo de persoas: 15
Punto de encontro para a visita: mostrador do vestíbulo