A Biblioteca de Galicia participará na II Xornada Técnica sobre Depósito Legal de Publicacións en Liña organizada pola Biblioteca de Castela A-Mancha e a BNE

Imaxe

O encontro, que terá lugar en Toledo o vindeiro 24 de setembro, abordará os principais retos e avances da xestión, conservación e acceso ao patrimonio cultural dixital

A Biblioteca de Galicia participará na II Xornada Técnica sobre Depósito Legal de Publicacións en Liña BNE-CC.AA que terá lugar o vindeiro 24 de setembro de 2026 na Biblioteca de Castela-A Mancha. Toledo será o escenario dun encontro especializado que reunirá a responsables institucionais, persoal técnico e profesionais vencellados ao ámbito do depósito legal e a preservación dixital.

A xornada, organizada de xeito conxunto entre a Biblioteca Nacional de España (BNE) e a Biblioteca de Castela-A Mancha, ao abeiro do Consello de Cooperación Bibliotecaria, abordará os principais retos e avances relacionados coa xestión, conservación e acceso ao patrimonio dixital no contexto actual.

Neste encontro contarase coa participación de especialistas procedentes de distintas comunidades autónomas e da BNE, quenes compartirán experiencias, proxectos e boas prácticas en materia de depósito legal electrónico, preservación dixital e arquivado web.

Entre os temas que se abordarán destaca a situación actual do depósito legal dixital en España,os desafíos futuros da preservación de sitios web, a integración entre o depósito legal tanxible e dixital, así como iniciativas de referencia como PADICAT ou o novo portal BNE Dixital.

O programa inclúe ponencias técnicas e mesas redondas nas que intervendrá a conservadora web da Biblioteca de Galicia e os representantes de institucións bibliotecarias e culturais de Castela A-Mancha, Cataluña, Navarra, Andalucía, Canarias e Madrid, entre outras.

A asistencias a esta xornada é exclusivamente por invitación e estará dirixida a profesionais, responsables técnicos e persoal especializado vencellado ao ámbito do depósito legal, as bibliotecas, a preservación dixital e a xestión documental.

Con esta iniciativa, as institucións organizadoras reforzan o seu compromiso coa preservación do patrimonio documental dixital e coa coperación entre administracións e institucións culturais para afrontar os retos derivados da transformación tecnolóxica e a produción de contidos en liña.